jueves, 31 de octubre de 2019

Intelixencia musical

Comezarei falando da intelixencia musical, pode que unha das máis "discriminadas" pola sociedade na que vivimos hoxe en día.
Este determinado tipo de intelixencia podería definirse como a capacidade de cantar, tocar instrumentos, analizar os diferentes tipos de sons e, de forma xeral, crear música. Aínda que coa definición propiciada polo psicólogo en cuestión podería parecer suficiente para comprender a intelixencia musical, cómpre por un exemplo xa que todo nesta vida enténdese mellor con exemplos. 
Biografía de: Ludwig van Beethoven
Pode que un dos casos máis coñecidos de persoas que posúen a intelixencia musical e o de Ludwig van Beethoven. Este compositor, director de orquesta e pianista é considerado un dos grandes compositores de música do século XVII. Posuía unha independencia da intelixencia musical con respecto a capacidade auditiva (aínda que poda parecer imposible) e a proba está en que Beethoven seguiu traballando na súa música tras quedar xordo dun oído á idade de 30.
Outro exemplo que pode que non sexa tan recoñecido como o anterior foi o de Yehudi Menuhin, que nos seus primeiros anos de vida asistiu cos seus pais a un concerto da orquesta de San Francisco e, no momento no que o son do violín penetrou a través dos seus oídos sentiu a necesidade de facerse con un e comezar a tomar clases. Pero, o curioso non é a súa historia senón a velocidade coa que Yehudi converteuse nun dos mellores violinistas do século XX.
Bibliografía: Yehudi Menuhin
A presenza dun individuo que posúa altas cualidades musicais pódese advertir xa dende a infancia, como no caso do violinista nomeado anteiormente.

























Introducción á teoría das intelixencias múltiples

Todos, nalgún momento da nosa vida, puidemos sentir que as nosas capacidades non eran suficientes para satisfacer as espectativas ás que cada un aspira, sobretodo no caso dos estudantes ou daquelas persoas iniciadas no mundo laboral. É un sentimiento bastante común e para nada estraño que nos afecta a todos nós en maior ou menor medida. Basándome na miña experiencia como estudante, podo dicir que a medida que avanzan os cursos, é máis facil atopar xente desmotivada, chorando todos os dias e sentíndose mal por mor dos estudos.
O ano pasado tiven a oportunidade de ler un libro de psicoloxía chamado "Intelicencias múltiples" de Howgard Gardner que cambiou completamente o meu punto de vista con respeto ao sistema educativo e a intelixencia en sí. Neste libro, Gardner refírese ao coñecemento como un compendio entre sete tipos de intelixencia diferentes, entre outras cousas. existen numerosos estudos referidos a este tema en concreto, pero basarei as miñas consideracións na teoría do psicólogo nomeado anteriormente.
Esquema dos diferentes tipos de intelixencia

Os sete tipos de intelixencia presentes na súa teoría son:

→Intelicencia musical
→Intelixencia cinético-corporal
→Intelixencia lóxico-matemática
→Intelixencia lingüística
→Intelixencia espacial
→Intelixencia interpersoal
→Intelixencia intrapersoal

Antes de proceder a desenvolver todos os tipos diferentes de intelixencias é necesario comprender as bases nas que se sustenta a seguinte teoría e os obxectivos pretendidos polo autor no momento de realizar dita clasificación.
Nun primeiro momento, Gardner pretendeu abrir o camiño hacia unha sociedade baseada na visión pluralista, é dicir, realizar o estudo de todas e cada unha das facetas do coñecemento humano e considerar cales poderían ser os seus usos e aplicacións con respeto á resolución dos problemas plantexados na vida cotiá de cada individuo.
Esta teoría está en contraposición coa consideración xeral por parte da poboación de que a intelixencia constitúe un rango moi limitado dentro do cal atoparamos unicamente a capacidade dos individuos de contestar ás preguntas dun test de intelixencia. Poderíamos dicir que as únicas intelixencias que reciben o recoñecemento social debido serían a intelixencia lóxico-matemática e a lingüística e o sistema educativo actual son o claro exemplo.

Aínda que a seguinte imaxe poda resultar un tanto exaxerada, representa perfectamente o pensamento de moitísimas persoas, sobretodo dos estudantes. Tamén Gardner pensaba así, polo que realizou diversos estudos en diferentes escolas e institutos para tentar establecer unha mellor forma de avaliacion por parte do profesorado dos centros utilizando métodos alternativos. Como o propio autor indica, a necesidade de calificar cuantitativamente aos alumnos ou, avaliar aos alumnos, é un rasgo fundamental e non se pretende eliminar por completo, senón realizala cuidadosamente xa que deste xeito, un alumno pode aumentar a súa capacidade de resolver problemas máis rapidamente e elixir unha mellor saída profesional a corde aos seus gustos e aficións.
Algúns dos métodos de avaliación que Gardner mencionou no seu estudo son:
→O método do proxecto Spectrum
→O método a base de proxectos
→O proxecto da intelixencia práctica para á escola.

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...