martes, 4 de febrero de 2020

O sistema educativo en España (I)

Dentro da nosa temática relacionada coa intelixencia e métodos de aprendizaxe, hoxe estamos aquí para falar dalgúns dos sistemas educactivos característicos dos países da Unión Europea, pode que incluso tratemos algunha metodolxía propia dun país fóra do noso continente.
Nesta primeira entrada relacionada coa temática mencionada anteriormente, creo que é necesario tratar o sistema educativo español. Xa na miña primeira entrada do meu blogue fixen unha referencia a este tema en concreto pero, non pasa nada por ampliar contidos, non si?
Ben, pois o sistema educativo en España está formado por cinco niveis:
  • Educación infantil: (entre os 0 e 6 anos). Non é obligatoria e ten como principal finalidade que os nenos máis cativos sexan capaces de desenvolver habilidades tales como a observación, a exploración, as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos e a adquisición de pautas elementales de convivencia, entre outros.
  • Educación primaria: (entre os 6 e os 12 anos). É de carácter obligatorio e consta de 6 cursos académicos. A finalidade de este nivel educativo será proporcionarlle aos nenos unha educación común para a súa posíbel adquisición de elementos básicos culturales. Con respecto á metodoloxía empregada, estará orientada ao desenvolvemento xeral do alumno, intengrando as súas distinas experiencias e aprendizaxes.
  • Educación secundaria: ( entre os 12 e 16 anos, sempre e cando o alumno en cuestión non repita curso) É a comunmente coñecida coma Educación Secundaria Obligatoria ou ESO. Consta de 2 ciclos académicos, cada un deles con 2 cursos, formando un total de catro cursos académicos. 
No momento no que un alumno remata a ESO, ten varias opcións á hora de continuar progresando nos seus estudos, pero, para que esta entrada non sexa moi longa, continuaremos falando do sistema educativo en España na seguinte.

O Rei da música latina

Entre tanta ciencia, tanta información e tantos datos, creo necesario facer, de cando en vez, uns parénteses nos que falar de temas máis ou menos cotidianos e extraescolares. Nesta ocasión utilizo este espacio no meu blogue para falar da música, neste caso en concreto, para recordar cantantes non tan coñecidos a día de hoxe pero que influíron en gran medida en tempos anteriores. Hoxe, vamos a falar de Roberto Carlos Braga Moreira, máis coñecido como Roberto Carlos. É un cantautor brasileño, un dos principais representantes da música popular brasileña, un dos artistas latinos de maior éxito a nivel mundial, vendendo máis de 150 millóns de copias. É coñecido mundialmente como o rei da música latina.
Naceu en Espíritu Santo, no ano 1941, á idade de 6 anos, sufriu un accidente cunha locomotora de vapor e a súa perna dereita tivo que ser amputada, a partir desa data, tivo que utilizar unha prótese.Gañou o Grammy ao mellor intérprete latino o ano 1989, grazas á canción Si el amor se va . Tamén colaborou con estrelas mundiais en diversas xiras. 
Nun primeiro momento, Roberto Carlos utilizaba unicamente a súa voz e a súa guitarra para expesar as súas ideas mediante as cancións, pero, no ano 1961 coñece ao que será o primeiro integrante da súa banda, RC-9. A súa discografía é moi ampla, pero para profundir máis na súa vida musical, recoméndovos visitar o blogue da miña compañeira Ana María Stoica, outra grandísima fan do cantante en cuestión. Deixovos por aquí o link ao seu blogue: https://omeublogapasionado.blogspot.com/.
Aínda que a miña parte non inclúe a súa traxectoria musical, non podo resistirme a compartir con vós unha das miñas cancións favoritas de Roberto Carlos, espero que a disfrutedes:)


Enfermidade de Pick

Unha vez rematada a nosa clasificación nos sete tipos de intelixencia segundo Howard Gardner, creo que é preciso recordar a denominada como enfermidade de Pick, que supuña unha rápida pérdida das cualidades socias. Estaba en contraposición coas capacidades interpersoais, e consiste no seguinte. A enfermidade de Pick é unha forma de demencia similar ao Alzheimer que afecta a algunas zonas do cerebro, no momento no que as neuronas presentan alteracións nas proteínas tau. O máis normal é que esta enfermidade póñase de manifesto entre os 45 e 60 anos de idade, aínda que apareceron casos nos que se detectou dita enfermidade aos 20 anos, e ten unha duración de 6 ou 7 anos. Aínda que non se coñecen con exactitude as causas, identificáronse distintas alteracións xenéticas relacionadas con factores hereditarios.
Esta enfermidade é de carácter dexenerativo, é dicir, os primeiros síntomas poden pasar desapercibidos e evolucionar progresivamente dando lugar a manifestacións de deterioro cognitivo que interfiren tanto no traballo como nas relacións sociais. Algunhas alteraciones con respecto ao comportamento son: aparición de comportamentos compulsivos,desinhibición, conducta antisocial, apatía, incapacidade para desenvolverse ou interactuar en situacións sociais, illamento social, síntomas depresivos ou, incluso, ideas de suicidio.

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...