sábado, 23 de noviembre de 2019

Intelixencia Intrapersoal

Biografía de Platón

Defínese como intelixencia intrapersoal ao coñcemento dos aspectos internos dunha persoa. É o tipo de intelixencia máis privada e aquelas persoas que a posúen son capaces de establecer un modelo eficaz e viable de si mesmos. Utilizando outras palabras, é a capacidade dunha persoa de realizar un procedemento denominado autoanálise. Ésta permite acceder á nosa vida emocional, aos nosos sentimentos , diferencialos e comprendelos, nomealos e recurrir a eles para interpretar a nosa conducta propia. Platón foi un filósofo grego que podemos utilizar como exemplo neste caso. Foi alumno de Sócrates e mestre de Aristóteles, pertencente aunha familia nobiliaria e dunha clase social altísima. Creou e popularizou (segundo a perspectiva desde onde se analice) unha serie de ideas comúns para moitas persoas, pero enfrentadas á línea de gran parte dos filósofos presocráticos e a dos sofistas. A súa influencia como autor e sistematizador foi moi notable ao longo de toda a historia da filosofía.

Unha vez rematada á clasificación dos diferentes tipos de intelixencia orixinada por Howard Gardner, facer especial fincapé en que todo o mundo posúe todas e cada unha das intelixencias nomeadas nas anteriores entradas, en maior ou menor medida. E que profesiones tales como médico, músico ou profesor, gardan especial relación xa que para realizalas de forma correcta é necesario á existencia de máis de unha intelixencia diferente, aínda que nun primeiro momento pareza que non son para nada compatibles.

Intelixencia interpersoal

Pasamos xa ao último tipo de intelixencia, a intelixencia persoal. Diferenciaremos dous tipos de intelixencia persoal, a interpersoal e a intrapersoal. Nesta entrada do meu blogue centrareime na primeira, a intelixencia interpersoal. Este tipo de intelixencia constrúese a partir da capacidade para sentir distinccións nos demais individuos, sobretodo facendo referencia aos estados de ánimo, temperamentos e intenccións. A intelixencia persoal en xeral no depende das capacidades lingüísticas e permite a unha persoa leer as diferentes intencións e desexos dos demais, aínda que estes fosen ocultados previamente.
Biografía Nai Teresa de Calcuta
Pola contra, existe unha enfermidade coñecida coma a enfermidade de Pick, a través da cal un individuo perde rapidamente as calidades sociais, ao terminar a clasificación das intelixencias segundo Howard Gardner poderíamos falar tamén de dita enfermidade.
A nai Teresa de Calcuta destacou principalmente por posuír este tipo de capacidades. Foi coñecida pola súa labor humanitaria na India e tamén foi galardonada co premio Nobel da paz. Foi incluso beatificada polo papa Juan Pablo II no ano 2003.

Intelixencia espacial

Dícese que unha persoa posúe estas capacidades se é capaz de resolver problemas espaciales reales ou imaxinarios aplicados ao uso de mapas mentais e á orientación. Tamén é utilizada á hora de visualizar obxectos en distintos ángulos ou posicións,é dicir, en tres dimensións. Como os xogadores de xadrez, por exemplo.
Tendemos a asociar este tipo determinado de intelixencia coa orientación entre os bosques ou nas autovías, coma se fose unha especie de compás, e así é, aínda que tamén dispoñen da intelixencia espacial as persoas que día tras día tentan resolver un dos maiores pasatempos coñecidos (ou polo menos en tempos máis antigos), denomidado cubo de Rubik.
Chegamos a miña parte favorita, se vos ocurre algunha personaxe histótica que sexa claramente recoñecida por posuír a intelixencia espacial? Pois pode resultar estraño, ou pode que non, pero neste campo destacamos principalmente a Pablo Picasso, pintor e escultor de orixe español. Un dos maiores artistas do século XX, sendo partícipe en moitos dos movementos artísiticos que posteriormente propagáronse por todo o mundo, exercendo unha gran influencia en moitos outros artistas da súa época.


Biografía de Pablo Picasso





















domingo, 10 de noviembre de 2019

Intelixencia lingúística

Biografía de Abraham Lincoln
E chegamos xa ao ecuador da listaxe de intelixencias segundo a teoría do psicólogo Howard Gardner, a intelixencia lingüística. Nun primeiro momento poderíamos pensar que todo o mundo posúe este tipo de capacidades. E é verdade. Ao rematar de falar de cada unha destas intelixencias, falaremos deste aspecto. Aínda así, esta aptitudes se poñen de manifesto en maior medida naquelas persoas adicadas á literatura, como por exemplo os poetas ou os novelistas.  Seguindo coa tradición de presentar a persoaxes famosos históricos especialmente recoñecidos por posuír en gran medida un tipo de intelixencia en concreto, neste caso destacamos ao décimo sexto presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln. Destacou por ser un forte opoñente que iba en contra da expansión da escravitude nos Estados Unidos de América. Gañou as eleccións como representante do partido republicano, sendo así elixido presidente  do país a finais do mesmo ano.
A maioría dos estudantes saben ao que me refiro cando digo que este tipo determinado de intelixencia é moi recoñecido na sociedade, sobretodo no ámbito escolar. En moitos casos ás capacidades do alumnado son avaliadas atendendo a súa capacidade de redacción e expresión escrita.
Para exemplificar o dominio da palabra de este personaxe histórico, decidín escoitar un dos seus discursos, aínda que a gran maioría están en inglés sen subtítulos, encontrei un en español e creo necesario compartilo con todos vós.

sábado, 9 de noviembre de 2019

Intelixencia lóxico-matemática

Todas aquelas persoas que se caracterizan por ter unhas elevadas capacidades á hora de resolver problemas de tipo matemático son ás que trataremos nesta entrada. Normalmente destacan pola súa rapidez e pola denominada natureza non verbal, pero, cal é o significado de natureza non verbal? Pois ben, é considerada como a capacidade de visualizar o problema e construír unha solución moito antes de que poda ser articulada. 
Biografía de Isaac Newton

Practicamente todos aqueles individuos adicados ao campo científico posúen este tipo de intelixencia. Se falamos dun exemplo máis concreto, pode que o caso máis coñecido sexa o de Isaac Newton, científico, físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático inglés. Autor da Philosophiae naturalis principia mathematica,describiendo a lei de gravitación universal e establecendo ás futuras bases da mecánica clásica, contribuíndo tamén ao desenvolvemento do cálculo matemático.
Sempre falamos da importancia de cada unha destas capacidades na sociedade actual e de como á poboación non valora de forma igualitaria todas as intelixencias existentes. Vimos claros exemplos de como as intelixencias musical e cinético-corporal resultaban claramente marxinadas pola sociedade, non é o caso desta en concreto. Se nos fixamos, esta intelixencia xunto coa intelixencia lingüística (que trataremos máis adiante) é a máis favorecida sobretodo no ámbito escolar xa que as probas ou exames académicos están baseados en capacidades deste tipo.
Aínda que tentei explicar o mellor posíbel ás altas capacidades con respeto ás matemáticas e outros ámbitos de carácter científico, considero que os exemplos son entendidos de mellor maneira con vídeos, espero que o seguinte vos ilumine:)

viernes, 8 de noviembre de 2019

Intelixencia cinético-corporal

Proseguiremos coa denominada intelixencia cinético-coporal que podería definirse como a capacidade de resolver problemas utilizando o corpo ou partes do mesmo, permitindo así ao individuo manipular obxectos e desenvolver as súas capacidades físicas. Existe o pensamento xeral de que este tipo de intelixencia é único e exclusivo dos atletas (como os bailaríns ou os xogadores de tenis) pero, a realidade e que estas capacidades son propias tamén dos ciruxiáns ou os artesanos, por exemplo

Tamén facer especial fincapé naquelas persoas que se expresan a través de movementos pequenos e minuciosos como os mecánicos ou os xoieiros. Ao igual que a intelixencia musical, a intelixencia cinético corporal, sobretodo nas sociedades occidentais, non conta có mesmo recoñecemento cás capacidades cognitivas.
Normalmente, este tipo de hablidade vén unida a outro tipo de intelixencia ou capacidade. (SEGUIR COMPLETANDO)
Proseguirei coa miña intención de propor un exemplo para cada tipo de intelixencia. Neste caso destacar á existencia de Babe Ruth, xogador  de beisbol estadounidense nacido no ano 1948. Nos seus inicios Babe tivo que facer fronte a unha situación un tanto adversa que nos permite observar de forma clara a presenza da intelixencia cinético corporal nel. Cando tiña 15 anos, o xogador de beisbol, presenciu un partido no que o lanzador non estaba cumprindo có cometido desexado, polo tanto, Babe decidiu sustituílo naquel preciso instante sen haber recibido ningún tipo de adestramento previo como lanzador.
Biografía de Babe Ruth

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...