domingo, 10 de noviembre de 2019

Intelixencia lingúística

Biografía de Abraham Lincoln
E chegamos xa ao ecuador da listaxe de intelixencias segundo a teoría do psicólogo Howard Gardner, a intelixencia lingüística. Nun primeiro momento poderíamos pensar que todo o mundo posúe este tipo de capacidades. E é verdade. Ao rematar de falar de cada unha destas intelixencias, falaremos deste aspecto. Aínda así, esta aptitudes se poñen de manifesto en maior medida naquelas persoas adicadas á literatura, como por exemplo os poetas ou os novelistas.  Seguindo coa tradición de presentar a persoaxes famosos históricos especialmente recoñecidos por posuír en gran medida un tipo de intelixencia en concreto, neste caso destacamos ao décimo sexto presidente dos Estados Unidos, Abraham Lincoln. Destacou por ser un forte opoñente que iba en contra da expansión da escravitude nos Estados Unidos de América. Gañou as eleccións como representante do partido republicano, sendo así elixido presidente  do país a finais do mesmo ano.
A maioría dos estudantes saben ao que me refiro cando digo que este tipo determinado de intelixencia é moi recoñecido na sociedade, sobretodo no ámbito escolar. En moitos casos ás capacidades do alumnado son avaliadas atendendo a súa capacidade de redacción e expresión escrita.
Para exemplificar o dominio da palabra de este personaxe histórico, decidín escoitar un dos seus discursos, aínda que a gran maioría están en inglés sen subtítulos, encontrei un en español e creo necesario compartilo con todos vós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...