miércoles, 6 de mayo de 2020

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharelato, no que os estudantes poden elixir ata un total de 4 asignaturas que consideren relevantes á hora de emprender o seu proxecto de vida. A educación anterior á educación básica proporciónase nas denominadas guarderías, de carácter tanto público como privado, que reciben a nenos con idades comprendidas entre os 1 e 5 anos, similar á educación preescolar da que falábamos nas anteriores entradas.
Este podería considerarse o resumo do que denominamos sistema educativo xaponés, que procederemos a desglosar nesta entrada. Cómpre recalcar que este sistema xogou un importante papel durante a recuperación e rápido crecemento económico nas décadas posteriores á Segunda Guerra Mundial.
En relación coa sociedade xaponesa, a súa cultura e tradicións teñen por costume considerar máis relevantes as expectativas, metas e obxectivos da propia sociedade antes que os dos individuos particulares. Tamén son consideradas importantes calidades tales como a dilixencia, a autocrítica, unha boa organización e os hábitos de estudo dos estudantes. Existe unha creencia xeral de que a perseverancia e o traballo duro darán lugar a unha vida caracterizada polo éxito, polo que, todas as escolas públicas teñen como principal obsextivo erradicar ao analfabetismo. Esta é a principal causa de que as proezas características da sociedade nipone estén moi por riba dos estándares europeos.
  • Nun primeiro momento, Xapón contaba cun sistema educativo de alto rendemento, proporcionándolles altos niveis de exigencia aos seus alumnos, logrando que os seus alumnos logren saír adiante con gran éxito.
  • Na actualidade, as escolas, universidades e centro de estudo xaponés teñen como principal obxectivo atraer aos máis novos (que, debido a escasa tasa de natalidade, non son abundantes) baixando o nivel de exigencia e o nivel dos seus correspondentes exames de ingreso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...