martes, 4 de febrero de 2020

O sistema educativo en España (I)

Dentro da nosa temática relacionada coa intelixencia e métodos de aprendizaxe, hoxe estamos aquí para falar dalgúns dos sistemas educactivos característicos dos países da Unión Europea, pode que incluso tratemos algunha metodolxía propia dun país fóra do noso continente.
Nesta primeira entrada relacionada coa temática mencionada anteriormente, creo que é necesario tratar o sistema educativo español. Xa na miña primeira entrada do meu blogue fixen unha referencia a este tema en concreto pero, non pasa nada por ampliar contidos, non si?
Ben, pois o sistema educativo en España está formado por cinco niveis:
  • Educación infantil: (entre os 0 e 6 anos). Non é obligatoria e ten como principal finalidade que os nenos máis cativos sexan capaces de desenvolver habilidades tales como a observación, a exploración, as relacións sociais, resolución pacífica de conflictos e a adquisición de pautas elementales de convivencia, entre outros.
  • Educación primaria: (entre os 6 e os 12 anos). É de carácter obligatorio e consta de 6 cursos académicos. A finalidade de este nivel educativo será proporcionarlle aos nenos unha educación común para a súa posíbel adquisición de elementos básicos culturales. Con respecto á metodoloxía empregada, estará orientada ao desenvolvemento xeral do alumno, intengrando as súas distinas experiencias e aprendizaxes.
  • Educación secundaria: ( entre os 12 e 16 anos, sempre e cando o alumno en cuestión non repita curso) É a comunmente coñecida coma Educación Secundaria Obligatoria ou ESO. Consta de 2 ciclos académicos, cada un deles con 2 cursos, formando un total de catro cursos académicos. 
No momento no que un alumno remata a ESO, ten varias opcións á hora de continuar progresando nos seus estudos, pero, para que esta entrada non sexa moi longa, continuaremos falando do sistema educativo en España na seguinte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...