sábado, 23 de noviembre de 2019

Intelixencia Intrapersoal

Biografía de Platón

Defínese como intelixencia intrapersoal ao coñcemento dos aspectos internos dunha persoa. É o tipo de intelixencia máis privada e aquelas persoas que a posúen son capaces de establecer un modelo eficaz e viable de si mesmos. Utilizando outras palabras, é a capacidade dunha persoa de realizar un procedemento denominado autoanálise. Ésta permite acceder á nosa vida emocional, aos nosos sentimentos , diferencialos e comprendelos, nomealos e recurrir a eles para interpretar a nosa conducta propia. Platón foi un filósofo grego que podemos utilizar como exemplo neste caso. Foi alumno de Sócrates e mestre de Aristóteles, pertencente aunha familia nobiliaria e dunha clase social altísima. Creou e popularizou (segundo a perspectiva desde onde se analice) unha serie de ideas comúns para moitas persoas, pero enfrentadas á línea de gran parte dos filósofos presocráticos e a dos sofistas. A súa influencia como autor e sistematizador foi moi notable ao longo de toda a historia da filosofía.

Unha vez rematada á clasificación dos diferentes tipos de intelixencia orixinada por Howard Gardner, facer especial fincapé en que todo o mundo posúe todas e cada unha das intelixencias nomeadas nas anteriores entradas, en maior ou menor medida. E que profesiones tales como médico, músico ou profesor, gardan especial relación xa que para realizalas de forma correcta é necesario á existencia de máis de unha intelixencia diferente, aínda que nun primeiro momento pareza que non son para nada compatibles.

1 comentario:

  1. Moi bo traballo, María. Aproveitas ben a información do libro para desenvolver o teu blogue. Ben feito. Procura introducir algún outro aspecto máis visual. Ánimo e a seguir!!

    ResponderEliminar

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...