Pasamos xa ao último tipo de intelixencia, a intelixencia persoal. Diferenciaremos dous tipos de intelixencia persoal, a interpersoal e a intrapersoal. Nesta entrada do meu blogue centrareime na primeira, a intelixencia interpersoal. Este tipo de intelixencia constrúese a partir da capacidade para sentir distinccións nos demais individuos, sobretodo facendo referencia aos estados de ánimo, temperamentos e intenccións. A intelixencia persoal en xeral no depende das capacidades lingüísticas e permite a unha persoa leer as diferentes intencións e desexos dos demais, aínda que estes fosen ocultados previamente.
Biografía Nai Teresa de Calcuta |
Pola contra, existe unha enfermidade coñecida coma a enfermidade de Pick, a través da cal un individuo perde rapidamente as calidades sociais, ao terminar a clasificación das intelixencias segundo Howard Gardner poderíamos falar tamén de dita enfermidade.
A nai Teresa de Calcuta destacou principalmente por posuír este tipo de capacidades. Foi coñecida pola súa labor humanitaria na India e tamén foi galardonada co premio Nobel da paz. Foi incluso beatificada polo papa Juan Pablo II no ano 2003.
No hay comentarios:
Publicar un comentario