miércoles, 6 de mayo de 2020

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharelato, no que os estudantes poden elixir ata un total de 4 asignaturas que consideren relevantes á hora de emprender o seu proxecto de vida. A educación anterior á educación básica proporciónase nas denominadas guarderías, de carácter tanto público como privado, que reciben a nenos con idades comprendidas entre os 1 e 5 anos, similar á educación preescolar da que falábamos nas anteriores entradas.
Este podería considerarse o resumo do que denominamos sistema educativo xaponés, que procederemos a desglosar nesta entrada. Cómpre recalcar que este sistema xogou un importante papel durante a recuperación e rápido crecemento económico nas décadas posteriores á Segunda Guerra Mundial.
En relación coa sociedade xaponesa, a súa cultura e tradicións teñen por costume considerar máis relevantes as expectativas, metas e obxectivos da propia sociedade antes que os dos individuos particulares. Tamén son consideradas importantes calidades tales como a dilixencia, a autocrítica, unha boa organización e os hábitos de estudo dos estudantes. Existe unha creencia xeral de que a perseverancia e o traballo duro darán lugar a unha vida caracterizada polo éxito, polo que, todas as escolas públicas teñen como principal obsextivo erradicar ao analfabetismo. Esta é a principal causa de que as proezas características da sociedade nipone estén moi por riba dos estándares europeos.
  • Nun primeiro momento, Xapón contaba cun sistema educativo de alto rendemento, proporcionándolles altos niveis de exigencia aos seus alumnos, logrando que os seus alumnos logren saír adiante con gran éxito.
  • Na actualidade, as escolas, universidades e centro de estudo xaponés teñen como principal obxectivo atraer aos máis novos (que, debido a escasa tasa de natalidade, non son abundantes) baixando o nivel de exigencia e o nivel dos seus correspondentes exames de ingreso.


O sistema educativo finlandés

A continuación, pasamos a falar do sistema educativo finlandés, considerado como o mellor sistema educativo occidental dos evaluados polo informe PISA do ano 2003. Este sistema en cuestión divídese en dous tipos de formacións, levadas á cabo a partir dos 3 anos:

  1. A formación teórica: impartida en escolas de secundaria superiores e universidades.
  2. A formación profesional: impartida nas escolas profesionais.
As súas características son as seguintes:
  1. É un sistema igualitario, sendo a escolaridade obligatoria dende os 7 aos 16 anos.
  2. É gratuita para todos os alumnos, incluíndo asistencia sanitaria e un comedor que proporciona unha comida diaria para os estudantes das escolas primaria e secundaria.
  3. Tamén son gratuitos todos aqueles libros e materiais que fosen necesarios.
  4. Todas aquelas persoas que vivan lonxe do centro, poden pedir o reembolso do costo total do transporte escolar.
  5. Todos aqueles alumnos que presente dificultades con respecto á aprendizaxe poden solicitar un profesor que poda traballar con el durante as clases e incluso de forma individual.
Ser capaces de conseguir que as características mencionadas anteriormente podan poñerse en práctica é un dos principales motivos polos que Finlandia recibe de forma regular as mellores calificaciones a nivel mundial.
Está estructurado da seguinte forma:
  • Educación primaria: na que os alumnos completan os seus estudos obligatorios, dende os 5 anos ata os 16 anos aproximadamente.
  • Educación secundaria: comprende a parte non obligatoria. Comeza aos 16 ou 17 anos de idade e dura entre 3 e 4 anos.
Con respecto ao profesorado e o españo adicado á aprendizaxe, cabe destacar que para poder exercer  como docente nun centro de Finlandia, é necesario posuír un título superior de máster e as escolas máis abundantes nese país son aquelas destinas a crear unha atmósfera de comfort e seguridade para os alumnos, polo que son, de forma xeral, escolas intelixentes.

O sistema educativo en España (II)

Na nosa segunda entrada relacioanada có sistema educativo español, falaremos das diferentes posibilidades á hora de continuar cós estudos no momento no que rematas o nivel de Educación secundaria.
As diferentes opcións son as seguintes:
  • Bacharelato: (comprende un periodo no que o alumno ten de 16 a 18 anos, sempre e cando non repita curso). En canto a súa estructura, o bacharelato consta de dous cursos académicos, primeiro e segundo de bacharelato, divido en diferentes modalidades. A súa división foi cambiando có paso do tempo.
  • Formación profesional (específica de grao medio) . Para que unha persoa poda acceder a un ciclo de formación profesional é necesario ter o título de Graduado en Educación Secundaria, tamén podes superar a respectiva proba de acceso. En canto a súa estructura, están divididas en varios ciclos formativos organizados en módulos profesionais. Unha vez rematados, existe a posibilidade de entrar ao bacharelato, incorporarse directamento ao mundo laboral ou seguir cursando un continuar cursando un Ciclo Superior.

Esta é a teoría na que se basa o actual sistema educativo español, e nas entradas posteriores trataremos de forma similar, como xa mencionei, outros sistemas educativos propios de países pertencentes a Unión Europea, entre outros.

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...