A continuación, pasamos a falar do sistema educativo finlandés, considerado como o mellor sistema educativo occidental dos evaluados polo informe PISA do ano 2003. Este sistema en cuestión divídese en dous tipos de formacións, levadas á cabo a partir dos 3 anos:
- A formación teórica: impartida en escolas de secundaria superiores e universidades.
- A formación profesional: impartida nas escolas profesionais.
As súas características son as seguintes:
- É un sistema igualitario, sendo a escolaridade obligatoria dende os 7 aos 16 anos.
- É gratuita para todos os alumnos, incluíndo asistencia sanitaria e un comedor que proporciona unha comida diaria para os estudantes das escolas primaria e secundaria.
- Tamén son gratuitos todos aqueles libros e materiais que fosen necesarios.
- Todas aquelas persoas que vivan lonxe do centro, poden pedir o reembolso do costo total do transporte escolar.
- Todos aqueles alumnos que presente dificultades con respecto á aprendizaxe poden solicitar un profesor que poda traballar con el durante as clases e incluso de forma individual.
Ser capaces de conseguir que as características mencionadas anteriormente podan poñerse en práctica é un dos principales motivos polos que Finlandia recibe de forma regular as mellores calificaciones a nivel mundial.
Está estructurado da seguinte forma:
- Educación primaria: na que os alumnos completan os seus estudos obligatorios, dende os 5 anos ata os 16 anos aproximadamente.
- Educación secundaria: comprende a parte non obligatoria. Comeza aos 16 ou 17 anos de idade e dura entre 3 e 4 anos.
Con respecto ao profesorado e o españo adicado á aprendizaxe, cabe destacar que para poder exercer como docente nun centro de Finlandia, é necesario posuír un título superior de máster e as escolas máis abundantes nese país son aquelas destinas a crear unha atmósfera de comfort e seguridade para os alumnos, polo que son, de forma xeral, escolas intelixentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario