Unha vez rematada a nosa clasificación nos sete tipos de intelixencia segundo Howard Gardner, creo que é preciso recordar a denominada como enfermidade de Pick, que supuña unha rápida pérdida das cualidades socias. Estaba en contraposición coas capacidades interpersoais, e consiste no seguinte. A enfermidade de Pick é unha forma de demencia similar ao Alzheimer que afecta a algunas zonas do cerebro, no momento no que as neuronas presentan alteracións nas proteínas tau. O máis normal é que esta enfermidade póñase de manifesto entre os 45 e 60 anos de idade, aínda que apareceron casos nos que se detectou dita enfermidade aos 20 anos, e ten unha duración de 6 ou 7 anos. Aínda que non se coñecen con exactitude as causas, identificáronse distintas alteracións xenéticas relacionadas con factores hereditarios.
Esta enfermidade é de carácter dexenerativo, é dicir, os primeiros síntomas poden pasar desapercibidos e evolucionar progresivamente dando lugar a manifestacións de deterioro cognitivo que interfiren tanto no traballo como nas relacións sociais. Algunhas alteraciones con respecto ao comportamento son: aparición de comportamentos compulsivos,desinhibición, conducta antisocial, apatía, incapacidade para desenvolverse ou interactuar en situacións sociais, illamento social, síntomas depresivos ou, incluso, ideas de suicidio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario