Entre tanta ciencia, tanta información e tantos datos, creo necesario facer, de cando en vez, uns parénteses nos que falar de temas máis ou menos cotidianos e extraescolares. Nesta ocasión utilizo este espacio no meu blogue para falar da música, neste caso en concreto, para recordar cantantes non tan coñecidos a día de hoxe pero que influíron en gran medida en tempos anteriores. Hoxe, vamos a falar de Roberto Carlos Braga Moreira, máis coñecido como Roberto Carlos. É un cantautor brasileño, un dos principais representantes da música popular brasileña, un dos artistas latinos de maior éxito a nivel mundial, vendendo máis de 150 millóns de copias. É coñecido mundialmente como o rei da música latina.

Nun primeiro momento, Roberto Carlos utilizaba unicamente a súa voz e a súa guitarra para expesar as súas ideas mediante as cancións, pero, no ano 1961 coñece ao que será o primeiro integrante da súa banda, RC-9. A súa discografía é moi ampla, pero para profundir máis na súa vida musical, recoméndovos visitar o blogue da miña compañeira Ana María Stoica, outra grandísima fan do cantante en cuestión. Deixovos por aquí o link ao seu blogue: https://omeublogapasionado.blogspot.com/.
Aínda que a miña parte non inclúe a súa traxectoria musical, non podo resistirme a compartir con vós unha das miñas cancións favoritas de Roberto Carlos, espero que a disfrutedes:)
No hay comentarios:
Publicar un comentario