Todas aquelas persoas que se caracterizan por ter unhas elevadas capacidades á hora de resolver problemas de tipo matemático son ás que trataremos nesta entrada. Normalmente destacan pola súa rapidez e pola denominada natureza non verbal, pero, cal é o significado de natureza non verbal? Pois ben, é considerada como a capacidade de visualizar o problema e construír unha solución moito antes de que poda ser articulada.
Biografía de Isaac Newton |
Practicamente todos aqueles individuos adicados ao campo científico posúen este tipo de intelixencia. Se falamos dun exemplo máis concreto, pode que o caso máis coñecido sexa o de Isaac Newton, científico, físico, filósofo, inventor, alquimista e matemático inglés. Autor da Philosophiae naturalis principia mathematica,describiendo a lei de gravitación universal e establecendo ás futuras bases da mecánica clásica, contribuíndo tamén ao desenvolvemento do cálculo matemático.
Sempre falamos da importancia de cada unha destas capacidades na sociedade actual e de como á poboación non valora de forma igualitaria todas as intelixencias existentes. Vimos claros exemplos de como as intelixencias musical e cinético-corporal resultaban claramente marxinadas pola sociedade, non é o caso desta en concreto. Se nos fixamos, esta intelixencia xunto coa intelixencia lingüística (que trataremos máis adiante) é a máis favorecida sobretodo no ámbito escolar xa que as probas ou exames académicos están baseados en capacidades deste tipo.
Aínda que tentei explicar o mellor posíbel ás altas capacidades con respeto ás matemáticas e outros ámbitos de carácter científico, considero que os exemplos son entendidos de mellor maneira con vídeos, espero que o seguinte vos ilumine:)
No hay comentarios:
Publicar un comentario