jueves, 31 de octubre de 2019

Intelixencia musical

Comezarei falando da intelixencia musical, pode que unha das máis "discriminadas" pola sociedade na que vivimos hoxe en día.
Este determinado tipo de intelixencia podería definirse como a capacidade de cantar, tocar instrumentos, analizar os diferentes tipos de sons e, de forma xeral, crear música. Aínda que coa definición propiciada polo psicólogo en cuestión podería parecer suficiente para comprender a intelixencia musical, cómpre por un exemplo xa que todo nesta vida enténdese mellor con exemplos. 
Biografía de: Ludwig van Beethoven
Pode que un dos casos máis coñecidos de persoas que posúen a intelixencia musical e o de Ludwig van Beethoven. Este compositor, director de orquesta e pianista é considerado un dos grandes compositores de música do século XVII. Posuía unha independencia da intelixencia musical con respecto a capacidade auditiva (aínda que poda parecer imposible) e a proba está en que Beethoven seguiu traballando na súa música tras quedar xordo dun oído á idade de 30.
Outro exemplo que pode que non sexa tan recoñecido como o anterior foi o de Yehudi Menuhin, que nos seus primeiros anos de vida asistiu cos seus pais a un concerto da orquesta de San Francisco e, no momento no que o son do violín penetrou a través dos seus oídos sentiu a necesidade de facerse con un e comezar a tomar clases. Pero, o curioso non é a súa historia senón a velocidade coa que Yehudi converteuse nun dos mellores violinistas do século XX.
Bibliografía: Yehudi Menuhin
A presenza dun individuo que posúa altas cualidades musicais pódese advertir xa dende a infancia, como no caso do violinista nomeado anteiormente.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario

O sistema educativo en Xapón

En Xapón a educación é algo obligatorio para os niveis de educación primaria e secundaria. Practicamente todos os alumnos pasan ao bacharel...